O Concello de Lugo, tínguese de rosa outro ano máis, sumándose a campaña promovida por Ecovidro con motivo do Día Internacional contra o Cancro de Mama ‘Recicla Vidro por Elas’ co dobre obxectivo de fomentar a reciclaxe deste tipo de residuos e contribuír ao mesmo tempo á recadación de fondos para a loita contra esta doenza.
Á Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada da Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Xerente de ECOVIDRO en Galicia estiveron presentes na presentación da campaña de recollida de vidro para concienciar sobre o cancro de mama. Lara Méndez aproveitou para recordar que “Con esta campaña pretendemos concienciar da importancia da investigación e da importancia da prevención”.
A Praza de Ferrol contará con dous contedores rosas e por cada kilo de envases de vidro que depositen os lucenses, Ecovidrio doará un euro a través da Fundación Sandra Ibarra de Solidaridad Frente al Cáncer co obxectivo de apoiar a esta institución, que, ademáis de promover novas vías de investigación e prevención levan a cabo programas que responden a necesidades reais de pacientes e sobrevivintes