Lugo volve citarse co Tríatlon do Miño na súa 29ª edición

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, presentou esta mañá, xunto ao Deputado de Deportes, Pablo Rivera, e os representante da Federación Galega de Triatlón e da Asociación Deportiva Fefeme, organizadora do evento, Ángeles Otero e José Ángel Fernández, respectivamente, o XXIX Tríatlon do Miño.

Esta veterana proba disputarase este domingo, 16 de xullo, no entorno do río. No acto, tanto Miguel Fernández como Pablo Rivera amosáronse encantados de colaborar, como en edicións anteriores, con esta cita deportiva, clásica no calendario deportivo lugués. Así mesmo, felicitaron aos colectivos organizadores por ter alcanzado unha edición ao alcance de poucas probas deste nivel en Galicia.

A saída da proba popular minisprint de 300 metros de natación, 13 kilómetros de ciclismo e 2,5 kilómetros a pé dará comezo ás 10.00 horas, seguida unha hora despois, da proba masculina sen tempo de corte onde os participantes darán unha volta a un circuíto de 750 metros a nado, unha volta o circuito 19,5 kilómetros en bicicleta e 5 kilómetros a pé. Ás 12:20 horas comezará a proba masculina con tempo de corte, de 59 minutos; e, por último, dará saída a proba feminina.

Os nenos e nenas participantes da categoría Nada e corre, que dará comezo ás 9:50 horas, percorrerán unha distancia de 150 metros de natación e 500 metros a pé. Por outra banda, as persoas que participen na proba popular darán unha volta a un circuíto de 750 metros a nado, 2 voltas a un circuíto de 19,5 kilómetros en bicicleta e unha volta a un circuíto de 5 kilómetros a pé. Aqueles inscritos e inscritas na categoría de elite enfrontaranse a unha volta a ese circuíto de 750 metros a nado, 3 voltas a ese circuíto de 19,5 kilómetros de ciclismo e 2 voltas a pé, nese circuíto de 5 kilómetros.

A entrega de trofeos terá lugar ás 14:00 horas, que nesta edición conta cun total de 1.200 euros en premios para repartir entre os competidores masculinos e femininos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com