Lugonovo acusa ao Concello de consentir o botellón fronte a Catedral

Lugonovo denuncia que o Goberno local “consinte o botellón ás portas da Catedral sen mover un só dedo para contrarrestar os seus efectos”. Segundo o voceiro da formación, Santiago Fernández Rocha, o executivo local “parece máis centrado en obter rendementos electorais que en resolver os verdadeiros problemas da cidade”.

Neste sentido, Rocha lembra que a misión dunha administración eficiente “pasa por saber conxugar a liberdade dos dereitos dos cidadáns coa protección dos bens culturais”, unha tarefa que, segundo di, “o equipo de Lara Méndez non ten vergoña en descoidar” “É unha mostra máis da súa falta de sensiblidade e da súa incapacidade de xestión para coidar o patrimonio”, conclúe.

Deste xeito, Fernández Rocha pídelle ao Concello “que deixe de mirar para outro lado, que levante, por un momento, a vista das urnas” e que comece a ser consciente da realidade do municipio”.

“Cómpre dotar estes espazos, escenarios susceptibles de reunión nocturna, de máis vixilancia policial e de maiores dotacións de limpeza para que os veciños non teñamos que presumir de que a Catedral de Lugo desprende un singular arrecendo, mestura de mexos e alcohol, grazas á inacción do Concello”, salienta Rocha.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com