Lugonovo advirte que moitas das novas ordenanzas non entrarán en vigor ata 2018

O portavoz de Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, atribúe a “unha gravísima falta de previsión que algunhas das novas ordenanzas non vaian entrar en vigor ata 2018.

Mañá remata o prazo de alegacións e iso significa que ate o mes de xaneiro non poderán ser votadas polo Pleno de maneira definitiva. O que quere dicir que a modificación das taxas non se fará efectiva ata o deveño seguinte á súa aprobación e, as relativas aos impostos, directamente non se aplicarán ata o exercicio que ven. Un atraso inxustificado do que só é culpable o executivo que, coñecendo os trámites e os prazos que esixe este procedemento, supedita os intereses dos lucenses á calma tropical na que ten sumida á administración”.

 Paralizadas, polo tanto, quedan as exencións dos recibos da auga, lixo e sumidoiros para os perceptores de pensións non contributivas e do copago do servizo de axuda no fogar para as familias desestruturadas. Tamén terán que agardar as bonificacións para suprimir barreiras arquitectónicas e mesmo as rebaixas nas tarifas de entrada aos museos e á piscina municipal.

 

Fernández Rocha cre que “o equipo de Lara Méndez non está á altura das circunstancias se non, non se entende que despois dun ano enteiro traballando, faga como os malos estudantes e deixe as obrigas para última hora. Neste caso non fará falta pasar o exame, a nota é un suspenso clamoroso e as consecuencias para a cidade as que relata o poema de Penélope: un paso adiante e outro atrás… para non saír do sitio nunca”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com