Lugonovo anima a mirar Lugo con ollo crítico cun concurso de fotografía

A plataforma cidadá Lugonovo vén de convocar un concurso de fotografía baixo o nome Vexo, vexo… co que chama á poboación luguesa a compartir imaxes da nosa idade e de todo o termo municipal cun ollar crítico sobre a situación destes. Poderán concorrer no concurso fotografías que ilustren casos de desfeitas en edificios, no patrimonio cultural ou na paisaxe, entre outros, así como danos no mobiliario urbano, contaminación e lixo na rúa e outros tipos de situacións e problemas frecuentes.

Con esta iniciativa, que se prolongará durante todo o mes de maio e até o día 3 de xuño, Lugonovo pretende concienciar á cidadanía sobre o estado da cidade e corresponsabilizala nas reclamacións duns espazos comúns dignos e acaídos. O xurado, externo á plataforma cidadá e formado por profesionais competentes nas artes fotográfica e urbanística, fará público o seu fallo durante o mes de xuño.

As persoas premiadas recibirán unha fotografía de Miguel Fraga e o libro Arquitecturas Debuxadas”de Santiago Catalán, así como unha copia impresa e enmarcada da súa fotografía. As bases completas do concurso poderán ser consultadas na páxina web de Lugonovo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com