Lugonovo ante a decisión definitiva

O  vindeiro martes 30 de xuño ás 20.30 na Casa Sindical terá lugar unha nova Asemblea Xeral de Lugonovo para tratar diversos puntos, entre eles , o máis importante sen dúbida, será se a asemblea aproba ou non a entrada no goberno municipal dos representantes de Lugonovo. Nesta cuestión hai dúas correntes dentro da plataforma, a que se inclina por entrar no goberno, se o PSdG acepta as condicións da plataforma cidadá e a outra que ve mellor quedar na oposición.

Así as cousas, o vindeiro martes os lucenses saberemos se o equipo municipal é monocolor cun goberno socialista en minoría, composto por oito concelleiros ou un equipo de coalición, tamén en minoría, pero con once edís.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com