Lugonovo volverá apoiar a En Marea nestas eleccións xerais. O apoio á candidatura foi respaldado por un 85% dos votos a favor dos asistentes á asamblea que a formación realizaba onte á noitiña e sen ningún voto en contra.
A formación sinala que, logo dun debate de máis dunha hora con numerosas intervencións e onde se amosaron diversos puntos de vista, “se acordou seguir traballando por un proceso máis participativo e aberto e co horizonte posto nos comicios galegos de outono”.