Lugonovo aposta por unha recuperación integral da Milagrosa

O urbanismo táctico e a recuperación da vivienda. Estes son os dous piares nos que Lugonovo sustenta a súa proposta de rexeneración da Milagrosa. Un lugar singular e un dos barrios máis emblemáticos da capital que, a formación considera, “se atopa actualmente en decadencia, froito do deixamento institucional”.

“Trátase de reaproveitar os espazos urbanos que xa existen aplicando medidas que predispoñan á convivencia, á integración e á dinamización económica como poden ser a cesión de locais ás asociacións culturais, veciñais ou grupos artísticos, o fomento da actividade comercial e tamén as peonís así como, tendo en conta o trazado das rúas e a situación dos inmobles, a creación de novas áreas de encontro, con zonas á sombra e outras protexidas da choiva e o vento, dotadas de bancos, mesas, fontes e xardín nas que adultos e crianzas poidan sentarse a xogar, descansar e conversar”, explica Xosé Chorén.

O candidato de Lugonovo á alcaldía destacaba tamén que outra das principais oportunidades que presenta o Agro do Rolo é, agora mesmo, un dos seus maiores hándicaps: a gran cantidade de vivenda abandonada que, ben xestionada, sería outro dos reclamos da contorna.

“A vivenda digna é un dereito de todas as persoas e, sen embargo, no noso municipio non está suficientemente garantida. O noso obxectivo é acadar un Lugo sen desafiuzamentos para o que propoñemos crear unha bolsa de construcións desocupadas coa fin de recuperalas para o mercado en réxime de aluguer social. O esforzo debe orientarse a evitar a degradación dos edificios baleiros mediante axudas á rehabilitación e ao seu arrendamento”, indicou Chorén Vázquez.

Unha correcta conservación do mobiliario e das dotacións públicas e o control sobre a limpeza e o mantemento de soares e do resto de elementos visuais como fachadas, peches perimetrais ou caixas eléctricas son outras das suxestións que achega a Plataforma Cidadá, que esta mañá socializou o seu programa electoral entre os residentes neste barrio do concello.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com