A agrupación municipal Lugonovo desenvolverá mañá, 17 de xuño, un obradoiro baixo o título Desmitificando a Prostitución, no que intervirán a Presidenta de Faraxa, Carmen Lago, a Técnica Social da devandita Asociación, Daniela Marincovici e a socióloga experta, Silvia P. Freire.
O acto, no que se convida a participar a toda a cidadanía, terá lugar no local da formación, sito na Ronda da Muralla, 164, dende as 10:30 horas da mañá e ate as 14 horas.