Lugonovo celebra a súa tradicional pulpada de San Froilán

Lugonovo celebrou un ano máis a súa xa tradicional pulpada co gallo de San Froilán, un evento de confraternización entre a organización e as persoas simpatizantes e achegadas á mesma. A cea tivo lugar na noite do venres 13 na caseta do restaurante Torre de Núñez, e contou coa asistencia de dous convidados de excepción: o portavoz de En Marea, Luís Villares e a deputada autonómica pola provincia de Lugo, Paula Vazquez Verao.

Nun ambiente distendido e de bo humor, o portavoz intercambiou impresións coa militancia de Lugonovo sobre a situación galega e local, ademais de salientar a ledicia de ser tan ben recibido na súa cidade natal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com