Lugonovo comprométese a dedicar 700.000 euros para establecer unha renda mínima para familias sen recursos

A plataforma política Lugonovo, anunciou esta mañá en rolda de prensa, que se compromete, no caso de que entre a gobernar no executivo municipal o vindeiro mandato, a destinar 700.000 euros dos presupostos ao establecemento dunha renda mínima para familias sen recursos, atendendo a determinados requisitos e que agora se destinan ao pago de asesores e cargos públicos,.

Escoitamos ao alcaldable da formación, Santiago Fernández Rocha:

 

Na rolda de prensa participaron ademais de Fernández Rocha, outras dúas integrantes da candidatura, Cristina Pérez Herráinz, e Matilde Quiñoá Iglesias. Asemade, explicaron que contan co apoio das formacións políticas Podemos, Compromiso por Galicia, Anova, Espazo Ecosocialista e Veciños por Lugo.

Mañá dende as 9.00 horas no salón de actos do edificio de Sindicatos, Lugonovo celebrará unha asamblea aberta para debatir as propostas que diversos colectivos e veciños aportaron, e elexir os 25 puntos de maior relevancia que incluirán no seu programa electoral.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com