Lugonovo condena a financiación pública das touradas

Dende Lugonovo manifestan a súa oposición, “sempre e sen ningún tipo de paliativos, de calquera xeito de maltrato animal”, no tocante a financiación pública de touradas.

Dende a formación entenden “que todo este tipo de actividades deberían ter un financiamento única e exclusivamente privada por parte dos promotores da iniciativa, que son os que van a acadar beneficios económicos con ela, e que, en ningún caso, a administración pública debería apoiar, con cargo ós respectivos presupostos municipais, por pingües que sexan os gastos que carrexen, espectáculos que promovan o dano físico e a explotación dos animais e que, debido precisamente a iso, non son de interese común para toda a cidadanía”, concluíron.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com