Lugonovo considera un “espectáculo lamentable” o cruce de acusacións entre PP e Psoe respecto ao vello Xeral

“Un espectáculo lamentable”, así definiu esta mañá Cristina Pérez Herraiz o cruce de acusacións entre PSOE e PP a respecto do extravío da documentación enviada pola Xunta de Galicia ao Concello de Lugo co proxecto de obra e petición de licenza para o antigo Hospital Xeral. A portavoz municipal de Lugonovo manifestou o “fastío da formación ante a enésima oportunidade aproveitada para enlearse nunha pelexa verbal en vez de atender ao problema de fondo”.

Logo das declaracións de representantes das formacións do bipartidismo, Pérez Herraiz esixiu “a fin do estado de guerra fría en que ao seu xuízo teñen caído as relacións entre a Xunta de Galicia e o goberno municipal que paga a cidadanía da Residencia e segue tendo un impacto negativo no centro de Saúde da Milagrosa”. Fronte ao inmobilismo dos dous grandes partidos, Cristina Pérez reclamou “a mínima cortesía institucional e vontade de traballo” que faga posible “acabar coa sobresaturación na atención sanitaria da Milagrosa, en malas condicións, e garanta o necesario PAC que a cidadanía luguesa leva moito tempo reclamando”.

Pérez Herraiz acusou aos conservadores de “utilizaren o goberno autonómico como unha extensión do seu propio partido”. “Como é posible que o Partido Popular lugués acceda ao localizador dun envío de correos entre dúas institucións?” preguntou, sinalando o que considera “unha confusión inadmisible entre institución e partido”.

Por último, Cristina Pérez sinalou que “sucesos coma este serían moito menos frecuentes se por fin se implementase o modelo de administración electrónica”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com