Lugonovo continúa reunindose cos veciños dos barrios da cidade

Seguen as reunións da plataforma cidadá Lugonovo con veciños dos diferentes barrios de Lugo, hoxe, o candidato  á alcaldía  Santiago Fernández Rocha reuniuse coa Asociación de veciños de As Gándaras (Gatos Roxos) para expoñerlles o programa de Lugonovo no que se inclúe a creación dun Consello Municipal de barrios. Esta medida foi moi ben acollida por parte dos membros da asociación, que amosaron a súa decepción pola situación na que se atopa o barrio, tanto a nivel de servizos como de infraestruturas e achacaron estas deficiencias aos retrasos reiterados que se están a producir nas obras do Plan Paradai.

Fernández Rocha declarou que se Lugonovo chega ao goberno municipal os barrios da periferia terán a mesma atención e servizos que os do centro da cidade.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com