Lugonovo cre que o Goberno local non adaptou o Concello á administración electrónica

Lugonovo sospeita que o Goberno local non adaptou o Concello á administración electrónica e a tan só unha semana da súa entrada en vigor. Dende a formación denuncian que nos últimos meses cuestionaron ao Executivo local sobre en que punto se atopaba o proceso de adaptación dos distintos departamentos municipais a esta normativa, “e o único que obtivemos foi o silencio por resposta”.

“Non resulta moi tranquilizador que ninguén do executivo compareza para informar ao respecto, tendo en conta que só quedan sete días para a súa posta en marcha”, advirte o voceiro da formación, Santiago Fernández Rocha.

Fernández Rocha extende a súa desconfianza ó feito de que moitas das accións incluídas nesta conversión xa estiveran programadas e, sen embargo, o descoñecemento siga sendo absoluto.

“Comezamos a pensar que aínda queda moito por facer. O edificio de Novas Tecnoloxías segue pechado e non hai previsión de apertura próxima. Tampouco se produciu ningún avance no servizo de facturación, un dos que máis adoece da aplicación desta reforma e seguimos agardando o desenvolvemento dunha campaña de divulgación que achegue á cidadanía tódalas posibilidades que brinda a dixitalización no campo da tramitación burocrática”, resume Rocha.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com