Lugonovo segue a presentar o seu programa electoral. Santiago Fernández Rocha ten como eixo principal a creación de emprego en Lugo e para elo acaba de presentar una iniciativa que segundo explicou o candidato á alcaldía por Lugonovo xerará un importante número de empregos na nosa cidade. Segundo explicou, un dos puntos do programa electoral da plataforma lucense é a creación dunha Base de Apoio Terrestre- Dixital para as tripulacións de transportistas en tránsito na euro-rexión Galicia-Norte de Portugal.
Fernández Rocha sinalou que para Lugonovo “as persoas son o primeiro”, por esta razón este centro prestará servizos en primeiro lugar aos camioneiros e despois a mercadorías e camións.
O candidato á alcaldía por Lugonovo subliñou que “esta iniciativa inédita no Estado Español, ofrecería todo tipo de servizos ao colectivo de transportistas”, e entre outros puntos destacou que a repostaxe de combustible realizaríase por medio de uso cooperativo; ademais terá un centro para relevo de condutores, telecentro dixital e un espazo de aparcadoiro vixiado para vehículos pesados, dado a insuficiencia actual da terminal do Ceao.
Para facer viable este proxecto Fernández Rocha sinalou que contará co aproveitamento que ofrecen as dotacións do Polígono das Gándaras e o Cei-Nodus de Garabolos.
Mai 06, 2015 - 07:07 AM
Se trunfa ista proposta habera traballo dixital dende a casa pra un cento de companheir@s ca preferenza seres ubicados fisicamente na eurorexión Galicia Norte de Portugal coma L U G O.
loitas por un posto de traballo. https://www.facebook.com/lugonovo