Lugonovo cualifica de “humor negro” a denominación como tal da rúa Río Sar

O voceiro de Lugonovo sinalaba esta mañá que a calquera camiño ou carreiro se lle pode chamar rúa.“un poste desamparado e un cartel de sinalización. Iso é todo o urbanizada que se atopa a rúa Río Sar”, segundo o portavoz de Lugonovo.
“Para chamarlle rúa a isto, hai que botarlle moita imaxinación. Entendemos que a denominación púxose de maneira simbólica porque tal e como se atopa o seu desenvolvemento urbanístico por non ter, xa nin ten trazas de que nalgún momento vaia recibir dotación algunha”, afea Santiago Fenández Rocha.
Para o voceiro da formación a situación que se reflicte nesta parte da capital, próxima á Cheda, demostra algo evidente: “que na cidade aínda existen barrios de primeira e de segunda. E polo visto tamén de terceira”.
“Isto non é unha rúa, nin nada que se lle pareza, é un prado desleixado, carente de calquera infraestrutura pública, sen delimitar, sen pavimentar e sen nada que lle atribúa semellante categoría”.
“Queremos saber, entre outras cousas, por qué a devandita “rúa” sofre este abandono, se existe algún condicionante que impida a súa expansión e se, nalgún momento, pensan acometer algunha mellora ”, apuntou o portavoz.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com