Lugonovo dá conta dunha “nova tomadura de pelo” das telefónicas ao Concello

O servizo de Disciplina Urbanística tramitou 10 expedientes contra as compañías telefónicas pola instalación á vista do cableado nas novas acometidas no que vai de ano. Así o denunciaba Lugonovo esta mañá informando de que “unha decena de infraccións en catro meses pon de manifesto que estas empresas actúan á marxe da legalidade”.

O voceiro de Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, asegurou que moitas delas, ademais de non pagar polo espazo que ocupan ao non existir ordenanza que o regule, realizan os traballos sen chegar a pedir a correspondente licenza ao Concello.

Santiago Fernández Rocha cre que “xa é hora” de actuar contra o “insolente proceder” que amosan estas grandes operadoras e que non só está a provocar un importante prexuizo a estética da cidade senón que ademais ocasiona graves transtornos ás comunidades de veciños.

“Cando a Patrulla Verde detecta a irregularidade o procedemento se inicia cun requerimento aos residentes do inmoble, que se ven involucrados nun proceso burocrático que os obriga a varios trámites, entre eles, alegar que non teñen responsabilidade nos feitos. Por esta situación – relata o voceiro – están a pasar agora mesmo os propietarios das vivendas de varios edificios da Fonte dos Ranchos que xa recibiron a notificación municipal”, informou Fernández Rocha.

Os edís e a edil da formación preguntarán ao goberno polas actuacións que leva desenvolvido durante o mandato, tanto no relativo ás sancións interpostas contra as telefónicas como polos traballos de soterramento que se teñen executado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com