Lugonovo denuncia a deficiente sinalización dun dos trazados do Camiño Primitivo

O portavoz do Grupo Municipal de Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, denunciou a deficiente sinalización do Camiño Primitivo, recentemente declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco, ao seu paso pola capital lucense.

Durante o percorrido polas rúas que conducen ata a Calzada da Ponte, Santiago Rocha puido comprobar que unha das rutas (a que vai pola Praza do Campo, Tinería e Porta do Carme) está moito máis sinalizada en perxuizo da outra. “Sorprendentemente, a máis directa e que descorre pola Praza de Santa María ata chegar á Catedral e Porta do Postigo, considerada ésta, ademais, polo propio Concello, como o principal punto de saída do Camiño Primitivo cara Compostela”, explica Fernández Rocha.

“Chama a atención tamén, que no mesmo punto e logo de pasar o arco da Muralla, á única sinal que existe ó respecto está nunhas condicións lamentables que mesmo dificultan á súa interpretación e ofrece unha imaxe penosa do estado de conservación no que se atopa o mobiliario urbano”, sinala o concelleiro.

O Grupo Municipal Lugonovo acusou de deixamento ao Concello “á hora de poñer en valor os recursos que ten a cidade e que poden ser produtivos para a economía local e empraza ó equipo de goberno a que traballe no aproveitamento eficiente do patrimonio cultural e turístico de Lugo para sacarlle o máximo partido posible”.

Tendo en conta asemade que este foi un dos puntos abordados durante a pasada reunión entre a alcaldesa, Lara Méndez, e presidente da Xunta de Galicia, Lugonovo, insta a ámbalas dúas administracións a que “canto antes, inicien unha colaboración conxunta e real non só para promociar a ruta, tal e como se comprometeron publicamente, senón tamén para axeitala e mellorar os servizos durante o percorrido da mesma”, concluíu Fernández Rocha.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com