Lugonovo denuncia a demora do Goberno en solventar algúns verquidos ilegais

Lugonovo denuncia a demora do Goberno local en solventar a existencia dalgúns verquidos ilegais na cidade. A formación alerta de que, seis meses despois de formalizar por escrito unha pregunta ao Goberno pedindo información sobre as verteduras de augas residuais no barrio do Carme, aínda non obtiveron resposta.

“Medio ano agardando unha contestación do executivo parécenos sintomático da organización e do funcionamento co que opera”, denuncia o voceiro de Lugonovo Santiago Fernández Rocha.

Rocha chama a atención acerca de que circunstancias similares se resolvan noutros puntos da capital e que, neste caso, especialmente sensible por afectar a unha parte do traxecto do Camiño Primitivo, “nin sequera se teña feito público o diagnóstico técnico para a súa resolución”.

“Comezamos a pensar que a súa disposición por arranxar as eivas da cidade é similar á axilidade coa que cumpren cos trámites administrativos e o que nos preocupa realmente é que, do mesmo xeito, deixen aparcado o traballo necesario para remediar esta problemática que se enfatiza no verán polo cheiro que provoca”, conclúe Santiago Fernández Rocha.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com