Lugonovo denuncia un novo reparo de legalidade no Concello de Lugo

O Concello de Lugo continúa a sumar reparos de legalidade, por contratos rematados e sen renovar con empresas externas. Así o aseguran os ediles de Lugonovo, que afirmaron que ao rematar agosto rematou tamén o contrato menor que o executivo local asinara para dotar de persoal as instalacións do Vello Cárcere.

A portavoz da agrupación, Cristina Pérez coida que “o proxecto de remodelación do edificio tiña datas de finalización moi definidas, incluso de antes de comezar as obras pero semella que cinco anos no foron suficientes para que os socialistas prepararan uns novos pregos que garantiran  a prestación en tempo e forma”.

Pérez Herráiz eleva o ton da súa crítica ao comprobar que a mediados de setembro “o equipo de Lara Méndez nin sequera aproveitou estes cinco meses de marxe que brindaba a última licitación para despexar a incógnita de cómo e cándo pensan abordala dunha forma máis estable”. Para a edil, a falta de información ao respecto esterta moitas dúbidas sobre o procedemento que pensan aplicar. “Xa para comezar nin sequera sabemos como, co expediente caduco, pretende o Concello abonar os servizos prestados dende o 31 de agosto, cando concluíu o contrato”.

Pérez Hérraiz deduce que o Concello se atopa ás portas dun novo contrato con reparos de legalidade “que se engadirá aos outros 35 que a administración xa mantén no nimbo da alegalidade”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com