Lugonovo denuncia que a biblioteca pública da Xunta anuncie un certame para o “Día de las letras gallegas”

Lugonovo denuncia que a Biblioteca Pública de Lugo, da rede da Xunta de Galicia, publicite un certame con motivo do día das Letras Galegas empregando o castelán. En concreto, denuncian que en dito anuncio se lle chama “Día de las letras Gallegas” a esta celebración.

Desde Lugonovo cualifican como “sorprendente” que un ente publico “que debera velar pola defensa e o apuntalamento da nosa lingua” castelanice o día das nosas letras. Para a formación, este feito “é un fiel reflexo da sociedade galega actual, na que a nosa lingua sempre queda relegada a un segundo (ás veces terceiro) posto, e o proceso de diglosia se acrecenta cada día máis”.

A este respecto, Lugonovo considera que son as institucións públicas as que teñen o deber e a obriga de defender a nosa identidade cultural, e é a xente do común, axudada das asociacións e entes culturais, a que debe esixir esta defensa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com