Lugonovo denuncia que hai máis dun cento de expedientes de ruína en concurso

O rexistro de  Soares en Ruínafoi unha proposición de Lugonovo, aprobada polo Pleno hai un ano.

Sen embargo o goberno nin sequera tivo a ben incluíla no informe facilitado aos grupos no marco da Comisión de Seguemento e, nin moito menos, deu algún paso para propiciar a súa elaboración.

A consecuencia é que, a día de hoxe, na cidade non existe ningún listado oficial que recolla aqueles inmobles en risco sobre os que non tiveron ningún efecto as medidas de execución forzosa cursadas, o que sería o trámite previo para a súa poxa pública.

A denuncia faina Santiago Fernández Rocha, que declarou que” a realidade é que do mesmo criterio son os técnicos municipais porque, entre outras razóns, a lexislación obriga”.

Fernández Rocha afea que o executivo local deixara pasar todo este tempo sen avanzar absolutamente nada na tramitación do Rexistro. Trátase dunha medida urxente porque, ademais do xa visto, as cifras así o reflicten. Agora mesmo, en Xestión Urbanística teñen constancia de, polo menos, 140 inmobles ruinosos, algúns, como o sito no número 70 da Rúa Nova, co expediente iniciado dende o ano 1981”.

Parécenos impropio dun organismo municipal manter un edificio neste estado durante 36 anos. Sen embargo non é o único, hai ducias de vivendas na cidade que resisten dende os 90’ nun pésimo estado de conservación ante a pasividade institucional”.

O portavoz da formación sinala que “a lei estipula que os donos de propiedades incluídas dentro do Pepri deben presentar un proxecto de edificación cando se trata de terreos baleiros, ou de rehabilitación cando o predio xa conta cunha construción. E fóra desta catalogación, tamén obriga a que os soares do resto da cidade conten cun peche perimetral de dous metros así como ao amaño das fachadas. Resulta evidente que se non se dispón dun documento oficial que constate cantas e cales son as parcelas afectadas pouco marxe de manobra vai ter a administración para esixir que se respecte o regulamento. Cómpre lembrar ademais que xa se rexistraron desprendementos nalgúns destes enclaves e que a falta de limpeza dalgunha leira orixinou tamén queixas veciñais pola presenza de roedores non só nelas senón tamén nas proximidades, en zonas incluso tan emblemáticas coma mesmo fronte da Mosqueira”.

Dende Lugonovo – conclúe Santiago Fernández Rocha – consideramos imprescindible crear con dilixencia este Rexistro como a medida coercitiva definitiva que pode empregar o Concello para poñer en vías de solución un dos problemas máis salientables do municipio e que redunda na súa estética”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com