Lugonovo di que nos 10 últimos anos o concello derrochou máis de catro millóns

Os edís de Lugonovo califican de “derroche o investimento público efectuado na última década en novas tecnoloxías, tendo en conta o atraso que o Concello acumula en modernización dixital”.

En contestación a unha pregunta efectuada por esta formación, durante a Comisión de Contas celebrada na maña de onte, o equipo de goberno resumiu “nun gasto de 4.136.400€ o importe que, ate o momento, a institución dedicou a políticas de alfabetización dixital e a equipamentos informáticos”.

“Son case mil millóns das antigas pesetas, unha cantidade desorbitada – subliña o portavoz –  si a comparamos coa situación tan anticuada na que se atopa a implantación da administración electrónica e a escaseza de prestacións que ofrece agora mesmo á cidadanía”.

O voceiro de Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, critica que “é a mostra dunha xestión deplorable” e matiza que “xa o feito de que non exista ningunha oficina que coordine e impulse a dixitalización da institución demostra que as cousas se fixeron dunha maneira arbitraria, sen ningún criterio nin estratexia. O totum revolutum no que parece terse convertido esta materia evidencia que nin houbo un executivo competente que desenvolvera con rigor esta cuantiosa partida, nin tampouco unha oposición responsable que a controlara”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com