Lugonovo detecta unha vertedura de augas residuais no Camiño Primitivo

Lugonovo detecta unha vertedura de augas residuais en pleno Camiño Primitivo. O voceiro da formación, Santiago Fernández Rocha, denunciou que nesta zona, onde conflúen as competencias de dúas administracións “deberían esforzarse un mínimo para manter a relevancia e a dignidade que a Unesco lle outorgou á cidade”.

A denuncia de Lugonovo complétase “cunha morea de eivas” que sofre esta contorna que, ao seu xuizo está “denostada” polas institucións competentes, é dicir, a Xunta e o Concello. “Esta é a realidade que se atopa detrás dos seus compromisos, unha vertedura en plena senda do Camiño, un manantial que verte sen control e que en inverno promete ser un auténtico barrizal e unha sinalización deficiente que confunde ós peregrinos. É inconcibíbel”, denunciaba esta mañá Víctor Álvarez, membro de Lugonovo e técnico de Medio Rural.

“Nesta zona da capital cómpre unha intervención urxente. Dende Lugonovo propoñemos unha serie de medidas encamiñadas á recuperación e limpeza de tódolos sendeiros, a protección do patrimonio arbóreo que alberga, a rehabilitación dos muros históricos cos que linda o Camiño e vemos a necesidade tamén de conveniar cos propietarios das fincas abandonadas para convertilas en espazos de servizo público cunha finalidade de ocio, para hortos urbanos ou mesmo para aumentar as dotacións de estacionamento nos predios máis próximos á rúa Poeta Noriega Varela. Aproveitamentos temporais que mellorarían a imaxe e a utilidade destes terreos”, subliña o tamén número 3 da candidatura de En Marea.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com