Lugonovo estima que o Concello de Lugo acumula cada ano máis dun 20% de perdas por manter caducas diferentes externalizacións. Neste sentido, a formación cualifica como “nesfasta e pouco resolutiva” a xestión do equipo de Lara Méndez.
“Parecen non ser conscientes de que os graves retrasos que acumula a tramitación deses procedementos se traduce, a efectos prácticos, nunha sangría de cartos. Un despilfarro que supera o 20% do diñeiro destinado ás externalizacións e que convirte as arcas da administración local nun coadoiro inxustificable”, sinala o voceiro de Lugonovo Santiago Fernández Rocha.
Rocha inclúe na lista das prestacións que arrastran reparos de legalidade o servizo de desratización, o da potabilizadora, o do alumeado, o da limpeza de instalacións municipais e mesmo o do guindastre.
Consideramos que se trata dunha irregularidade coñecida e, o que é máis grave, a todas luces consentida, porque, aínda sendo xenerosos cos prazos de adaptación do novo goberno, xa hai máis dun ano que chegaron ó cargo, tempo suficiente para abandonar a parálise e poñer orde e dilixencia na súa resolución”, denuncia Fernández Rocha.