Lugonovo e En Marea esixen que se lle dea ao antigo Xeral un uso sociosanitario

O voceiro de En Marea, Luís Villares, preguntou en pleno ao Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, “cando vai a Xunta cumprir as promesas de desdobrar a Atención Primaria do Centro de Saúde da Milagrosa ás instalacións do antigo Hospital Xeral, para atender as necesidades sanitarias da veciñanza e revitalizar o barrio da Residencia en Lugo”. Na súa intervención Villares lembrou que en 2011 finalizou o traslado da actividade do Hospital Xeral de Lugo ao HULA. A Xunta prometeu, entón, para o barrio no que se sitúa o Xeral a instalación dun centro de saúde, desdobrar o Centro de Saúde da Milagrosa un PAC e trasladar ao antigo Xeral o Laboratorio de Referencia da Sanidade Pública. “As promesas quedaron so en promesas, sen compromiso orzamentario algún para dar un uso socio-sanitario ás instalacións do antigo hospital que, cun mínimo investimento, poderían adaptarse, motivando, así, as protestas veciñais” denunciou o voceiro de En Marea.

Co paso do tempo, as instalacións continuaron a deteriorarse e o barrio acusou unha caída de actividade comercial, a Xunta mudou as promesas incumpridas por ocorrencias, como a “instalación no antigo Xeral dun centro de investigación tecnolóxica ou como localización da comisaría, brinde ao sol sen respaldo técnico nin orzamentario”.na opinión de Lugonovo, dedicando o edificio do antigo Xeral a usos socio-sanitarios, dinamizaríase a economía do barrio da Residencia e configuraríase como un “barrio do benestar”, dando servizo a toda a cidade e área de Lugo, contribuíndo a un modelo de cidade para as persoas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com