Lugonovo escandalizado ante a suxestión de de modificación do PXOM proposta por Feijóo

Responsables de Lugonovo veñen de declarar que a proposta de Núñez Feijóo de “modificar o PXOM de Lugo para evitar a derruba das instalacións de Lence no Ceao causa perplexidade na cidadanía do común“.

O Tribunal Supremo vén de confirmar unha orde de derrubamento por edificación ilegal dunhas instalacións industriais.

O propietario sabía, no momento de facelo, que carecía de licenza, e facer un investimento tan elevado só pode vir da temeridade ou da seguridade de saberse a salvo do cumprimento da Lei, que parece ser o que aquí acontece. Se isto fose pouco, os gandeiros e gandeiras que sofren os miserentos prezos da industria teñen que aturar verse forzados a ser moeda de cambio pola infracción urbanística dun empresario do sector.

Mentres a Xunta obriga a demoler vivendas unifamiliares de xentes humildes no rural galego, propón o cambio das normas para salvar aos empresarios afíns: o PXOM é unha norma con rango regulamentario, polo que está propoñendo cambiala para burlar unha sentenza nada menos que do Tribunal Supremo. O principio de igualdade de trato queda aniquilado, e a Lei non é igual para todas e todos: uns teñen que se acomodar á norma e a outros fanlla a medida, e se non colle nela, arránxase

Afortunadamente o Tribunal Supremo ten como doutrina reiterada que o cambio de planeamento para salvar unha ilegalidade declarada en sentenza firme é unha fraude de lei que é nula de pleno dereito (SSTS de 29/4/2009 ou 24/3/2009, por citar algunhas), polo que as temerarias propostas de Feijóo, que incita ao Concello a se situar fóra da Lei, teñen carácter fraudulento, e só poden ser tachadas de electoralistas

Así e todo, constátase no gobernante unha falta de respecto institucional ao Poder Xudicial, unha burla ás leis urbanísticas aprobadas por toda a cidadanía no Parlamento, e unha sonada afirmación de que non todas a persoas somos iguais ante a Lei, aos ollos de Feijoo

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com