Lugonovo e Alternativa Cidadá de Esquerdas esixen a comparecencia do Goberno para aclarar o atropelo mortal dunha veciña

Os concelleiros do Grupo Municipal Lugonovo esíxenlle á alcaldesa que compareza publicamente para dar explicacións do acontecido o pasado luns, cando un furgón de atestados da Policía Local atropelou a unha veciña nunha rúa da capital ocasionándolle a morte. Os tres edís de Lugonovo, amosan o seu pesar polo acontecido e pídenlle á rexedora “que convoque unha rolda de prensa para ofrecer tódolos datos oficiais deste fatídico atropelo”.

O portavoz da formación, Santiago Fernández Rocha, denuncia que “é inadmisible que o executivo tardara máis dun día en facer pública a traxedia. A súa xestión foi tan nefasta que só evidencia a falta de transparencia coa que operan”.

“Agochalo durante case 48 horas supón, cando menos, unha escasa mostra de empatía cos familiares e achegados da vítima e pon de manifesto as poucas habilidades do goberno para asumir as súas responsabilidades”, engadiu o voceiro.

Ace-Eu esixe que o goberno local reúna con urxencia a xunta de voceiros para informar do atropelo

Ace-Eu, tamén pediu que compareza a alcaldesa Lara Méndez, como responsable directa da Policía Local porque “a credibilidade pública do Concello de Lugo quedou en entredito”, salientou o concelleiro de ACE-EU, que quixo aproveitar para lamentar profundamente o pasamento da veciña atropelada e trasladar as súas condolencias á súa familia e xente achegada.

“O primeiro é pensar nas vítimas deste desafortunado accidente. A actitude do goberno local e a súa mala xestión institucional do acontecido só contribuíu a xerar máis malestar e frustración aos familiares afectados, que xa de por si están suficientemente doídos ante unha traxedia destas características”. Portomeñe incidiu en que hai que  Informar con normalidade e transparencia é o mínimo que se agarda da administración ante un caso deste tipo,  e agora á Lara Méndez tócalle explicar porqué se tomaron tan malas decisións”.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Manolo Quiñoá Táboas
    Ago 11, 2016 - 09:45 AM

    Primeiro penso que se debe transmitir o dor a familia da falecida, que esta pasando un momento de dor, e tamen a patrulla implicada en este accidente, estara pasando por unhos momentos criticos, e que se aclare todo, para iso se levantou o correspondente atestado, e a clase politica que non faga mais dano do que xa se fixo

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com