Lugonovo insta ao concello a buscar unha solución ás molestias que están a provocar os traballos nocturnos de reforma da praza

Ao Concello de Lugo ábreselle outra fronte de conflito relacionada coas obras na Praza de Abastos á que cómpre darlle solución urxente: as molestias que os traballos nocturnos están a provocar entre os residentes.

Por iso, os concelleiros do Grupo Municipal Lugonovo instan ao goberno a dialogar ca empresa encargada da súa execución para que esta se desenvolva cunha organización que favoreza a convivencia veciñal e que garanta que o desenvolvemento dos traballos non interfira no benestar da cidadanía. “Unha cuestión na que semella que o executivo non reflexionou antes de planificar a reforma como se evidencia en que as familias que viven na contorna non foran advertidas de que a maquinaria continuaría funcionando de madrugada co prexuízo que supón para o seu descanso”.

“Acometer a segunda fase de rehabilitación da Praza é fundamental para a cidade e igual de importante é rematala canto antes para cumprir cos prazos estipulados e que os empresarios recuperen axiña a actividade nos seus establecementos habituais. Sen embargo, o Concello non pode esquecer que, en Santo Domingo, tamén hai residentes, familias que teñen nenos, que precisan durmir e que non poden sorportar, durante moitas noites seguidas, o impacto acústico continuado das maquinas. Pensamos que é posible unha planificación máis respectuosa e igual de eficiente e vixiaremos para que nas próximas xornadas teñan en conta estas consideracións”, apunta Santiago Fernández Rocha, portavoz da formación.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com