Lugonovo insta ao Concello a que apremie á Xunta para a constitución dunha ‘mesa do leite’

O portavoz do Grupo Municipal Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, insta ó Concello a tomar a iniciativa e apremiar á Xunta de Galicia a que convoque unha “mesa do leite”.

“Non é suficiente con facer unha declaración institucional e poñerse detrás da pancarta nas manifestacións. Dende Lugonovo consideramos que o Concello ten a obriga de facer todo canto esté na súa man e traducir toda a vontade que amosou ata o de agora en feitos que axuden á resolución desta crise”.

Despois de cinco días de tractorada ininterrompida polas rúas da cidade, Lugonovo insiste en que foi a deixadez dos anteriores gobernos estatais e autonómicos a que impediu a implantación de medidas estruturais tan necesarias como resolutivas á hora de evitar a situación na que se atopa o sector. “Un panorama no que a viabilidade futura de moitas explotacións dependerá de que, como mediador competente, a Xunta de Galicia convoque unha mesa do leite ca fin de que produtores e distribuidores fixen un prezo mínimo e xusto que garantice a súa supervivencia”.

Dende Lugonovo apostan por impulsar tamén desde os concellos, ese diálogo como única ferramenta de negociación posible no mercado actual, e traslada ó equipo de goberno “a necesidade de poñer en marcha outras actuacións que aínda sendo de carácter local, sirvan de axuda ós gandeiros e agricultores como é o caso da Oficina Rural Municipal, aprobada por maioría no Pleno do mes de xullo por iniciativa deste Grupo”.

Asemade, o portavoz, Santiago Fernández Rocha, considera convinte apelar a cidadanía para que continúe sendo, por unha banda, comprensiva cos gandeiros e coas consecuencias que está a supoñer a súa folga, e pola outra, para que sexa consciente tamén da problemática pola que están a atravesar e dos prexuizos que tería para a economía do país que o sector se fose a pique.

Ante a duración das súas protestas, Rocha destacou que “estamos ante o nacemento dunha nova época na que o funcionamento da democracia depende dunha autorreorganización social. A globalización está a poñer en claro que os actores clásicos quedaron sen capacidade operativa para denfender os intereses da poboación e isto produce unha frustración e un deterioro dos mecanismos dos Estados para levar adiante as demandas da sociedade civil. As institucións deberían ser conscientes de que se os labregos continúan protestando é pola incapacidade dos gobernos para ter cumprido con anterioridade a súa función, e por iso dende Lugonovo, cremos que ésta debería orientarse agora en liderar unha mesa de negociación que salvagarde os intereses dos produtores ós que tanto deixaron de lado”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com