Lugonovo insta ao goberno a incrementar o control sobre o uso de glifosatos

As empresas que traballan para outras institucións retirando a maleza que invade as estradas e beiravías seguen empregando cantidades inxentes de glifosato nesta tarefa. Así o denunciaba o edil de Lugonovo, Víctor Álvarez Arias, na Comisión de Desenvolvemento Sostible celebrada esta mañá.

“Nos lindes do Parque do Miño, ao carón do mesmo río e da zona de xogos infantís ou nas vías do tren, próximas á estación e tamén ás vivendas, as concesionarias ás que recorre Fomento sí utilizan este tipo de herbicidas para limpar a vexetación que ocupa ás súas infraestruturas. Nas marxes da A6, nas Nacionais, etc este tipo de substancias seguen a estar moi presentes como tamén o está o perigo de exposición para a poboación”, subliña o concelleiro.

“Hai que ter en conta que se trata dun agrotóxico con moito risco para a saúde humana, animal e ambiental e que existen evidencias médicas que o relacionan con enfermidades como os Linfomas Non – Hogkin, malformacións, enfermidades endocrinas, dexenerativas, do sistema nervioso, etc… Ademais nin sequera as altas medidas de seguridade que esixe a súa manipulación poden garantir a súa inocuidade, polo que demandamos ao executivo que extreme os controis e revise concienciudamente os plans de actuación que estas compañías deben presentar ao Concello antes de iniciar os labores para evitar o seu uso ou substituílo por outro tipo de produtos menos nocivos”, indica Álvarez Arias.

Por outra banda, a formación trasladaba un rogo para instalar colectores de reciclaxe selectiva nas inmediacións dos establecementos de hostalaría que se atopan na periferia da cidade.

“Se dende Lugonovo insistimos na necesidade de que os puntos de recollida de lixo do rural estean debidamente acondicionados, naquelas contornas nas que o volume de refugallos se incrementa pola existencia de cafeterías ou restaurantes, cremos que é de obrigado cumprimento que estes negocios dispoñan nas súas proximidades do número e o tipo de recipientes que lles permitan separar correctamente os residuos que xeran” di Víctor Álvarez, que pon como exemplo o caso de varios locais en Ombreiro que deben compartir un único contedor coa veciñanza da zona.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com