A pasada fin de semana candidatos e militantes de Lugonovo instalaron unha mesa de información para amosar as súas propostas ás persoas que se achegaron polo Pazo do Deportes e tomaron nota das suxestións que lles fixeron as lucenses e os lucenses con respecto a aplicar políticas que potencien o deporte base. Asemade mantiveron varias reunións con diferentes colectivos da cidade que traballan a prol da inclusión social, unha das primeiras preocupacións da plataforma lucense, pola necesidade que existe en diferentes barrios de Lugo por mor da crise que están a padecer moitas familias.