Lugonovo interpelará á Xunta pola deforestación nos arredores do Hospital de Calde

A agrupción municipal Lugonovo denuncia a gran talla de árbores que levou a cabo a Xunta de Galicia nas inmediacións do centro psiquiátrico de Calde. O edil Iñaki García tildao de “aberración” e cualifica o calado da intervención de “desproporcionado e, incluso, prexudicial para os usuarios e traballadores das instalacións sanitarias próximas que sufrirán, a partir de agora, a súa ausencia”.

“Do que se trataba era de conxugar a protección dos residentes e do persoal do centro coa súa comodidade e confort, algo que nos parecía posible cunha limpeza fonda ou cunha talla selectiva sen necesidade de arrasalo absolutamente todo. Dubidamos moito que actuar con esta radicalidade fora o procedemento máis axeitado e por iso pedirémoslle á Consellería os informes que avalaron esta acción”, explica García Gómez.

O concelleiro interpelará tamén ao servizo de montes para saber se este departamento era coñecedor da magnitude das operacións e se estas se axustaron aos límites que marca a lei. Iñaki García lembra que na contorna atópase a Unidade de Saúde Mental do Sergas e que o paseo por esta zona de recreo supoñía un dos poucos entretementos para os internos e as familias que os visitan, mellorando a calidade da súa estancia. Polo que, dende Lugonovo, ínstase a administración autonómica a repoboar o espazo á maior inmediatez posible.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com