Lugonovo lamenta que non se fixera un cambio nas políticas de subvencións na área de muller

14 subvencións nominativas á Muller e 9 delas para clubs deportivos. Ou o que é o mesmo: só o 35% das axudas que o Concello de Lugo concede para apoiar aos colectivos femininos se destinan a accións relacionadas coa práctica desta actividade, o resto, van adicados á práctica do deporte.

“O goberno vén de aprobar un orzamento de 631.500 euros a repartir entre 61 entidades deportivas”, explica a portavoz de Lugonovo, Cristina Pérez. “Sen embargo, ningunha delas é unha asociación exclusivamente feminina. A estas se lles subvenciona coa partida dirixida á Muller en detrimento doutros proxectos específicos da área”.

Cristina Pérez Herráiz lamenta que, pese a advertir desta circunstancia en anteriores ocasións, o executivo non foi capaz aínda de introducir ningún cambio que evite o que, a xuízo da agrupación, “é un importante agravio comparativo que, ademais, ten como consecuencia que o movemento feminista da cidade perda forza ante a falta de colaboración institucional”.

“Muller e deporte (o mesmo ten que sexa masculino ca feminino), son dúas cousas ben distintas, ou así o entendemos dende Lugonovo e, polo tanto, non pode ser que os cartos que deben dirixirse a un concepto acaben revertendo maioritariamente no outro”.

Lugonovo solicitara ao goberno que neste exercicio incluíra nas achegas ao deporte tamén aos clubs femininos, para que estes puideran concorrer en igualdade e de forma equitativa ás axudas públicas. “Algo que non se fixo, como tampouco nos parece que se teña reflexionado sobre a efectividade das políticas municipais que se desenvolven por esta vía. 11.260€ ao ano non son, dende logo, suficientes para cooperar cos colectivos locais que loitan pola integración social de mulleres en exclusión, por mellorar a súa formación e calidade de vida e por visibilizalas e protexelas da explotación ou das agresións machistas, entre moitas outras tarefas que desempeñan”, refire, en conclusión, Cristina Pérez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com