Lugonovo matiza os datos de asistencia á Mostra de Teatro que facilitou onte o goberno local

A concelleira de Lugonovo, Cristina Pérez Herráiz considera que a edil de Cultura, Carmen Basadre, modificou os datos de asistencia á Mostra de Teatro Clásico para “disimular a diminución do público” con relación aos espectáculos do ano anterior.

Segundo informou onte o Concello de Lugo, as entradas vendidas nesta mostra suman 5.500, pero Lugonovo afirma que estas cifras non son de todo certas, pois Basadre inclúe nelas tanto aos nenos como ás familias que acudiron á sesión gratuíta do venres 3 de febreiro no Auditorio Gustavo Freire, pola mañá, durante o seu horario lectivo. E resaltan que se “se botan as contas, nesta edición, entre a sección Oficial, na que participaron 2772 persoas, e a Off, á que foron 579, non se chegou aos 2900 espectadores en total”.

Pérez Herráiz apunta que o ano pasado só as obras da sección Oficial conseguiron encher 5147 butacas e refire unha importante merma tamén do número de bonos vendidos con relación á pasada convocatoria, pois en 2016 mercáronse 169 mentras que este ano 120 o que supón un porcentaxe do 29%.  Para a de Lugonovo, “isto evidencia  que a organización non estivo á altura das expectativas xeradas, ata o momento, por esta cita cultural”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com