Lugonovo organiza unha charla sobre a nova lei de Contratos co Sector Público

Lugonovo organizará na mañá do sábado 7 de abril unha charla co economista e estatístico Carlos Neira Cortizas onde se abordará o impacto das mudanzas da nova lei de Contratos co Sector Público. A charla terá lugar no local de Lugonovo (Ronda da Muralla 164) ás 11 da mañá. Neira, asesor do goberno compostelán, exporá os cambios máis significativos que consagra un texto legal vixente dende comezos do mes pasado e que no caso do Concello de Lugo requirirá dun importante proceso de adaptación á nova normativa.

A Lei de Contratos co Sector Público supón a adecuación do marco legal español ás directivas europeas emanadas da Unión dende o ano 2014. O texto introduce unha serie de mudanzas lexislativas como é a redución da cantidade máxima adxudicable, o número de adxudicacións por empresa e ano ou a partición do volume das grandes contratacións. Esta norma atópase actualmente recorrida no Tribunal Constitucional pola posíbel  inconstitucionalidade e varios preceptos por parte do grupo parlamentar onde se atopa En Marea, o Grupo Confederal Unidos Podemos-En Comú Podem- En Marea.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com