Lugonovo perfila as súas propostas para as ordenanzas municipais

O Grupo Municipal Lugonovo está a perfilar algunhas das propostas que lle fará chegar ao equipo de goberno para que, se os criterios técnicos o permiten, as inclúa na redacción das vindeiras ordenanzas municipais.

Dentro das iniciativas que promoverán os edís desta formación atópase a de eximir do pago das taxas administrativas para as compulsas, a expedición de documentos e a matrícula en actividades educativas promovidas polo Concello a aqueles veciños que se atopen en situación de desemprego.

Tamén tratarán de sacar adiante, no que ten que ver co ICIO, o Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras, unha redución do 2% das taxas para rehabilitación e para novas construcións agrarias que actualmente está no 4%; así como unha bonificación do 90% no seu pagamento para aqueles novos edificios ou reformas que favorezan as condicións de habitabilidade nas comunidades de propietarios, comercios e locais de restauración para a instalación de ascensores que, aínda sendo de uso común por tódolos veciños do inmoble, faciliten ó acceso de persoas con diversidade funcional, cando éstas teñan un grao de discapacidade superior ó 33%. Unha bonificación que non tería aplicación para aquelas instalacións ou obras que por prescripción normativa xa deban estar adaptadas obrigatoriamente.

En canto o IBI, Lugonovo propón, como xa anunciou, gravar cun 20% máis ó 10% dos edificios que teñan un maior valor catastral, a partir dos 200.000 euros, e que non se destinen a uso residencial senón que se adiquen a unha actividade económica ou financeira.

O Grupo Municipal propón asemade aumentar a contía que abonan aqueles baixos comerciais que estén no casco histórico, sen uso e que non cumpran co mínimo coidado ou ornato exterior. “Moitos destes establecementos atópanse nun estado lamentable que chega a supoñer un risco para os viandantes. O que queremos é que, xa que os seus propietarios non teñen intención de poñelos en valor, se responsabilicen do seu mantemento e de non se así, a súa neglixencia leve parella unha sanción”, sinala o portavoz, Santiago Fernández Rocha.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com