Lugonovo pide aplicar unha nova taxa fiscal ás eléctricas para contrarrestar os seus abusos

Ate 500 reclamacións anuais contra as eléctricas, só na provincia de Lugo e só cursadas por parte do tecido industrial; esta é a cifra facilitada pola Oficina de Defensa e Información do Consumidor Eléctrico, atendendo ao número de queixas que eles mesmos xestionan, “polo que non resulta complexo deducir que a cantidade total tramitada, tamén a través doutras instancias, poida ser moi superior” advirte o voceiro de Lugonovo.

O propio Negociado de Sanidade e Consumo refire que, aproximadamente, o 18% de tódolos escritos presentados na OMIC en 2016 ían dirixidos contra as compañías de electricidade. “Entre os motivos que sustentaron estas 61 queixas atópanse as lecturas de consumo estimado, a duplicidade dos recibos, os cortes inxustificados do subministro e mesmo se trasladaron cuestións tan graves como os cambios de comercializadora mediante enganos o que supuxo, nalgúns casos, a perda do bono social”, resume o portavoz da formación.

Fernández Rocha lembra que, actualmente, estas empresas só pagan o 1’5% da súa facturación bruta pola explotación do servizo pero, en cambio, “sáelles completamente gratis esparexer as súas infraestruturas pola contorna”.

Xa é hora de rematar con esta posición de vantaxe. Non é só de sentido común senón de xustiza tal e como recoñece a sentenza do 21 de Decembro de 2016 do Tribunal Supremo. O ditame expresa con claridade que os postes, as canalizacións e demais elementos do tendido que se instalan para transportar a electricidade, a auga, o gas ou os hidorcarburos teñen categoría de construcións e, polo tanto, deben tributar polo aproveitamento que lles reporta dispoñer do solo, subsolo e voo municipal no que se colocan”.

Co obxectivo de incluír esta nova taxa na Ordenanza existente que rexe os usos da vía pública ou de crear unha nova disposición que a contemple, o Grupo Municipal, levará mañá xoves, unha proposición ao Pleno. “Existe un amplo marco legal, dende os artigos 133.2 e 142 da Constitución Española, ate o 106 da Lei 7/1985 reguladora das Bases de Réxime Local e mesmo os 57, 15 e seguintes do Texto Refundido da Lei de Facendas Locais nos que se outorgan as facultades normativas aos Concellos para materializala”.

Sen lugar a dúbidas sería unha medida cunha gran repercusión económica, xa que, en base a un estudo técnico, o Supremo estimou que estas compañías poderían ter que abonar, en función da tensión das liñas, ate 12.000 euros por metro lineal. En Arteixo, por exemplo, o seu cobro suporá máis de dous millóns de euros ao ano”. Ademais

dende o servizo de enxeñería apuntan que o traballo de campo para cuantificar as dimensións do tendido podería levar pouco máis dun mes, tempo suficiente para realizar o preceptivo regulamento para impor as taxas

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com