Lugonovo pide contas ao Concello de Lugo dos motivos polos que as axudas de emerxencia constaron como ganancias patrimoniais

Lugonovo interpelará ao goberno municipal para que dea conta no vindeiro pleno dos motivos polos que as axudas de emerxencia lle constaron, fiscalmente, aos seus perceptores como ganancias patrimoniais.

A formación denunciou en decembro que este feito supuxolles a moitos deles, sen sabelo, o imperativo de presentar a declaración da renda e, por non facela, unha sanción económica, en torno aos 80€, da Axencia Tributaria así como a paralización da concesión doutras subvencións ate que resolveran a obriga que tiñan pendente coa administración.

Cristina Pérez Herráiz, voceira desta agrupación, destaca que no seu día “atribuimos este erro a que os datos das achegas municipais se trasladaron incorrectamente a Facenda”, pero agora, aclaran, “non temos ningunha resposta do executivo local”.

A edil refire que, persoalmente, enviou un escrito ao ente económico pedindo que relatara cal era o procedemento máis axeitado para comunicar a concesión destas prestacións e cómo o estaba a facer o Concello de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com