Lugonovo Lugonovo

Lugonovo pide entendemento no conflicto de A Cova da Terra

A recentemente elixida coordinadora de Lugonovo quere expoñer á cidadanía os eu posicionamento ,diante o conflito aberto na entidade A Cova da Terra,  “LUGONOVO lamenta a situación que pon en perigo o funcionamento dunha das entidades representativas do entramado asociativo da cidade, e un elemento emblemático na definición de un sistema mellor no comercio xusto e nas alternativas de consumo respetuoso co medio ambiente.

LUGONOVO  entende que é en primeiro lugar un asunto que compete ás persoas asociadas de A Cova da Terra, que debera ser resolto por elas internamente e cos seus métodos e previsións regulamentarias.

LUGONOVO, como organización política que é, non pode inmiscuirse nos asuntos dunha  entidade social, nin tomar partido por  ningunha das posturas  enfrontadas;  mais si que debe,  con respecto escrupuloso ás decisións corporativas de A Cova da Terra,  solicitar das partes a procura dunha solución que permita manter a devandita asociación e o seu traballo en prol da comunidade”.

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com