Lugonovo pide levar ao Pleno o Plan de Mobilidade e fai un chamamento para asistir ao Encontro Cidadán por unha Marea Galega

“Un ano despois da súa aprobación e con case 140.000 euros invertidos, entre a redacción inicial e os axustes posteriores, os lucenses seguen sen coñecer cándo e cómo se vai a aplicar o Plan de Mobilidade encargado polo Concello. Unha pasividade que para o Grupo Municipal Lugonovo, é inxustificada e está a supoñer un atranco no desenvolvemento da ordenación do tráfico urbano e un desaproveitamento dos recursos económicos”.

Así o afirma o seu portavoz, Santiago Fernández Rocha, que apunta a que “dende hai dous meses o sistema ORA permanece suspenso, provocando moitas situacións de caos na circulación e principalmente no aparcamento, pero para recuperar o seu funcionamento compre facelo dun xeito eficaz, adaptado ás verdadeiras necesidades de Lugo e que se faga de forma consecuente co planeamento de mobilidade no que a anterior executiva gastou case 140.000 euros”.

“Cartos públicos que foron a parar nun estudo do que a Corporación segue sen coñecer as súas conclusións finais, tralas últimas modificacións, e sen data de aplicación. Por iso, o Grupo Municipal Lugonovo, levará unha pregunta ao próximo Pleno para pedir contas do estado no que se atopa o documento e para concretar cales serán os criterios cos que se vai a desenvolver e cando entrará en vigor.

“Xa está ben de dar paus de cego e de actuar aleatoriamente con intervencións puntuais que de pouco ou nada serven para crear un proxecto sólido de cidade. Sen conciencia das medidas que inclúe o Plan tódalas aportacións que se fagan caerán en saco roto e non deixarán de ser un parche para a organización da circulación na cidade”.

Dende Lugonovo, os seus concelleiros reclaman máis determinación por parte do equipo de goberno, e reclaman tamén que o Plan se leve ao vindeiro Pleno para que o resto dos Grupos Municipais poidan coñecer as últimas variacións, no caso de estar rematadas, e traballar sobre el con ánimo de consensualo.

Marea Galega

Doutra banda, dende Lugonovo fan un chamamento á unidade das forzas políticas e sociais de cara ás vindeiras eleccións xerais, e animan á cidadanía a participar o día 12 de setembro no Encontro Cidadán por unha Marea Galega que terá lugar en Santiago de Compsotela, “para convertelo nun punto de achegamento entre partidos, plataformas e cidadáns e cidadas e comezar a construción dun proxecto que teña o servizo ás maiorías como motor”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com