Lugonovo pide máis rapidez na recollida do lixo tralas festas no rural

O Grupo Municipal de Lugonovo solicita que durante o verán o equipo de goberno faga as xestións oportunas para que a retirada de refugallos tralas festas patronais das aldeas se faga en canto rematen os festexos, adiantando a limpeza, se é preciso, á xornada establecida durante o resto do ano.

“Estes días non hai quen pare coa calor, a peste que desprenden os colectores multiplícase cando suben as temperaturas e convértense nun foco de atracción para os cans, os gatos ou os raposos que espallan toda a suciedade empeorando a imaxe e a salubridade da contorna”, subliña o voceiro da formación, Santiago Fernández  Rocha.

“Hai que ser consciente da realidade do municipio e das necesidades que ten en cada momento e agora mesmo manter a dinámica de traballo do inverno non é resolutivo. Trátase dunha cuestión puntual, que debe ser tida en conta porque tampouco supón un gran esforzo para a administración e evitaría o malestar veciñal”, conclúe Rocha.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com