Dende Lugonovo xulgan imprescindible “tender progresivamente a unha maior humanización da cidade, reducindo os niveis de tráfico e favorecendo o transporte colectivo, por eso instamos ao goberno municipal a facer un esforzo importante neste eido, propiciando, co mundo empresarial do concello, a elaboración dun Plan para potenciar os desprazamentos domicilio-traballo en transporte público e outros medios sostibles”.
Lugonovo, co fin de disuadir da utilización dos coches privados para desprazamentos intraurbanos, fixo no seu día unha proposta ás ordenanzas fiscais consistente en bonificar o 25% no imposto do seu vehículo propio ás persoas que consuman un total de 200 viaxes en autobús colectivo coa súa tarxeta cidadá, durante o correspondente exercicio fiscal.
“Sendo esta unha medida importante, cremos que hai un enorme percorrido a seguir para impulsar unha cidade máis sostible, xa que só coa normativa actual poderiamos compensar económicamente o uso dos modos alternativos de desprazamento domicilio-traballo”. Continuan.
Dende a plataforma política tamén asegurán “Somos conscientes de que os incentivos fiscais do noso país para este fin todavía son escasos, pero xa temos normas de rango estatal que introducen importantes deducións ou bonificacións para as empresas por inversións de carácter medioambiental en impostos como o IAE, o IS e o IBI”.
En definitiva, segundo Lugonovo, “trátase de aproveitar toda a normativa fiscal para facer unha cidade máis sostible e o goberno local debe ser especialmente sensible a este feito buscando fórmulas cos axentes económicos da cidade, para pór en marcha este plan de transporte alternativo ao transporte privado. Dende Lugonovo entendemos que este plan, xunto con outras medidas, deberá ser concretado e recollido no novo Plan de Transporte do Concello, o que propiciará importantes beneficios ambientais e económicos”.