Lugonovo pide que a nova RTP contemple postos para os servizos da ORA e o guindastre

O Grupo municipal de Lugonovo propón que na nova Relación de Postos de Traballo (RTP) que elabore a nova Dirección Xeral de Persoal se contemplen os postos de traballo precisos para cubrir os servizos da ORA e do guindastre municipal.

“A necesidade de agardar polo ditame do expediente de municipalización de ámbolos dous servizos limita sobremaneira que se aborde a súa prestación, por iso propoñémoslle ao Goberno que aproveite a RPT para incluír nela as prazas que permitan atendelos para avanzar xa no proceso. Chámase previsión”, suxire o voceiro da formación, Santiago Fernández Rocha.

A este respecto, a formación celebra que o Concello vaia afrontar a renovación da RTP, algo que non realizaba dende o ano 2006. “Reorganizar o persoal é o piar fundamental para que tódolos servizos se presten axeitadamente. Este documento levaba embarrancado moitos anos sen xustifición razonable impedindo a eficacia dos distintos departamentos municipais. Eses tempos, por fortuna, remataron e agora hai que pensar en futuro, nun futuro asentado na imparcialidade como metodoloxía de organización e non na arbitrariedade que imperou ata o momento”, destaca Fernández Rocha.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com