Lugonovo pide que se tomen medidas de protección para impedir que a fonte de San Vicente se siga deteriorando

O portavoz do Grupo Municipal Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, ven de solicitar ao Concello que protexa de xeito inmediato a Fonte de San Vicente para evitar novos accidentes que a deterioren e mesmo outro tipo de agresións involuntarias, tendo en conta que esa é unha zona de moito tránsito e un espazo de xogos para os máis cativos.

Fernández Rocha  sinalou “A Praza do Campo é unha das máis emblemáticas da cidade e a súa fonte leva xa tempo fóra de servizo tras ser golpeada por un camión. Mentres os veciños continuamos agardando a que se arranxe asistimos tamén ao seu deterioro que se fixo perceptible estes días coa aparición dunha fenda de considerables dimensións. A pesares de ser coñecedores da súa existencia o Concello de Lugo segue sen facer nada ao respecto, por iso instamos ao equipo de goberno, unha vez máis, a que se poña a traballar e que, por unha banda axilice os trámites necesarios para a súa reparación e, pola outra, instale canto antes,  arredor da fonte, algunha medida de protección como un cercado perimetral ou un mecanismo que impida o acceso ao seu interior, para evitar que siga sufrindo danos”.

Asemade, o Grupo Municipal Lugonovo solicítalle ao Concello a creación dunha brigada especializada que se dedique a supervisar o estado do mobiliario urbano e do patrimonio local e a reparalos axiña.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com