Lugonovo solicita a elaboración dunha normativa para regular os prezos dos restaurantes nos espazos públicos durante o Arde Lucus.
Segundo a formación, a actual normativa establece que os restaurantes e postos de elaboración de comida poden fixar os prezos de xeito libre; algo que en anteriores edicións desta festa provocou “abusos por parte de determinados establecementos situados nas prazas Ánxel Fernández Gómes e Soidade”.
Para evitar estes excesos no futuro, Lugonovo solicita a elaboración dunha normativa igual á que rexe os prezos das casetas do polbo durante o San Froilán.