Lugonovo pídelle ó equipo de goberno “seriedade e visión a longo prazo” á hora de outorgar o contrato de vixilancia nos centros sociais. Neste sentido, a formación pide descartar de xeito inmediato a aquelas empresas sobre as que pesan sentenzas condenatorias por incumprir os acordos laborais asinados con esta e o utras institucións.
“Temos constancia de que varias compañías teñen cuestións xudiciais pendentes que nos fan dubidar moito da súa honestidade na xestión dos servizos ós que aspiran. Non se lles pode prohibir a súa concurrencia pero sí se lles pode poñer veto ás súas pretensións de acadar concesións locais para logo non respectar o acordado nin coa administración nin cos traballadores. Por iso solicitámoslle ó executivo que o teña en conta e pense na viabilidade do convenio antes de escoller á beneficiaria. Guiarse só por criterios fundamentalmente económicos pode levar á crónica dunha morte anunciada”, subliña o voceiro de Lugonovo Santiago Fernández Rocha.
Neste senso, a formación reclama tamén a entrada en vigor urxente do marco de principios reitores que debe rexer calquera tipo de contrato público, segundo o subscrito unanimemente pola Corporación no mes de novembro.