Lugonovo pide un estudo de custos e un regulamento para o Servizo da Auga

O voceiro de Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, advirte que “a subministración da auga é un servizo deficitario pero antes de tomar medidas drásticas que afecten á veciñanza cómpre saber se as perdas que ocasiona non proveñen dunha xerencia desordenada e ineficaz ou mesmo dun dispendio dos recursos alleo á cidadanía”. Para Lugonovo é de suma importancia coñecer con exactitude canto costa desenvolver a prestación para que facela rendible teña o menor impacto posible no peto dos consumidores.

Fernández Rocha considera que “os cimentos para que así sexa dependen, primeiramente, de que esta sección municipal goce de estabilidade e de estrutura propia”. E engadiu, “en cada mandato o departamento pasa a depender dunha concellería diferente e isto tamén resulta contraproducente á hora de manter os criterios de xestión así como a supervisión e o control das súas intervencións”.

“Ademais – abonda o portavoz – o feito de que actualmente a maioría dos contadores estean desfasados, de que as brigadas non poidan dispoñer da planimetría da rede de abastecemento ou de que non exista un plan de control de fugas, son aspectos determinantes que, para Lugonovo, débense corrixir antes de pensar en incrementar a factura porque, posiblemente, moito do dispendio detectado proveña de aí”.

“O último análise dos custos procede do ano 2012, explica Santiago Fernández Rocha.  Nese momento o investimento

Segundo Lugonovo “a administración local investiu 1.550.000 euros en potabilizar case 9 millóns de metros cúbicos de auga e 1.900.000€ en depurar 20 millóns de metros cúbicos. Importes aos que cómpre sumar máis dun millón de euros polo impulso da auga dende á depuradora ata os depósitos e outros 283.000€ polo mantemento destas dependencias”.

“Faltarían por engadir os gastos de persoal, material e tamén o valor das obras e traballos de mellora acometidos, moito máis difíciles de calcular xa que atinxen a varios departamentos distintos”, subliñou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com