O Grupo Municipal de Lugonovo urxe ao Goberno local a dar de maneira “urxente” unha solución “seria, segura e permanente” ao edificio en ruínas situado no número 48 da Ronda da Muralla.
A formación denuncia que a Policía Local colocou recentemente unhas vallas que bloquean o paso pola beirarrúa e delimitou un paso para os peóns na propia rúa, inutilizando deste xeito dúas prazas de aparcamento reservadas para persoas con mobilidade reducida.
Para Lugonovo, a solución achegada polo Goberno municipal “provoca máis problemas dos que había, xa que continúa sen dar unha correcta protección a viandantes e vehículos ante o risco de desprendementos e impide a normal circulación dos peóns pola beirarrúa”.
A este respecto, propoñen a instalación dun armazón porticado que non invada a rúa e permita que os moitos peóns que transitan por esta zona pasen por baixo de forma segura e sen abandonar a beirarrúa.